Escavación e consolidación arqueolóxica no castro de Viladonga, Castro de Rei Lugo, 2016.

mércores, 26 de outubro de 2016

Os rapaces e visitantes que nos veñen ver pregúntanos sen parar polos traballos que estamos a facer. Queren saber que é iso da escavación arqueolóxica e tamén da restauración. Sobre a marcha, os nosos arqueólogos e restauradores van informando dos progresos dos traballos, e logo as visitas marchan a ver o Museo coas ideas máis claras.


luns, 24 de outubro de 2016

Esta campaña de 2016 estanos a permitir definir en maior medida as vivendas das zonas de intervención. No caso da vivenda da fotografía vese o comezo da súa escavación e o seu estado actual. 




As estruturas nos informan das diferentes alteracións que levan sufrido dende a súa descuberta nos anos 70 ata os nosos días, nada menos que máis de 40 anos.

luns, 17 de outubro de 2016

Promovida pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), esta nova intervención para a conservación do castro de Viladonga ten como obxectivo reescavar, acondicionar e consolidar un sector do xacemento.
Dende que o castro de Viladonga comezouse a escavar en 1971 realizáronse periodicamente escavacións e traballos de restauración. A creación posterior do Museo do Castro de Viladonga (aberto dende 1986) permite ademais obter información sobre as investigacións, e contemplar obxectos atopados polos arqueólogos que axudan á comprensión das formas de vida dos habitantes do castro, o que convérteo nun dos nun dos bens patrimoniais máis visitados da Comunidade.
Citando o seu principal investigador, Felipe Arias, podemos dicir que "“O Castro de Viladonga é un conxunto patrimonial vivo e dinámico, no sentido de que estivo e está sempre en continua evolución, tanto nos seus aspectos científicos como nos puramente patrimoniais. Cumpre unha función educativa e social á par que “turística”, e por tanto económica, a partir dun patrimonio arqueolóxico que, ademais e baseándose nas razóns anteriormente resumidas, foi declarado Ben de Interese Cultural polo Decreto 441/2009 do 11 de decembro” . (Arias Vilas, Felipe. Aspectos arqueolóxicos e patrimoniais do Castro de Viladonga (Lugo): os retos para o futuro. Portvgalia, Nova Série, vol. 36, Porto, 2015, pp. 77-90).