Escavación e consolidación arqueolóxica no castro de Viladonga, Castro de Rei Lugo, 2016.

venres, 2 de decembro de 2016

A vez que segue a intervención coa escavación e restauración das estruturas do xacemento continúan os traballos da divulgación do castro en directo. Tivemos bastantes visitas de escolares que seguen sempre con moita atención as explicacións dos arqueólogos e a visualización in situ dos materiais e estruturas.

Todos os nenos e nenas fan moitas preguntas e o pasan en grande polo percorrido do castro e tamén logo no Museo. Esperamos que os momentos especiais que creamos durante a visita sirvan para que no futuro podan valorar o patrimonio que é de todos e fomentar a súa conservación.