Unha das
características que se respectan nos traballos de restauración son as
diferentes fases de construción pero tamén hai que ter en conta a existencia
nos xacementos de diferentes materiais e de distintos tipos de paramentos
orixinais que atopamos nas estruturas. Na fotografía podemos ver unha gran
construción na que os castrexos utilizaron varios materiais; a cimentación foi
feita a base de grandes cuarzos mentres que os paramentos se levantaron con
laxas de xisto. O motivo do uso na base dos cuarzos e a súa resistencia ao
clima e a humidade, o que fai que non sufran degradación o longo
dos anos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario